Boqueixón convoca axudas para grupos de música tradicional do municipio
Boqueixón, 12 de setembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de convocar o programa “Ponlle música 2025”, unha iniciativa dirixida a entidades e grupos de música tradicional no municipio e que ten como obxectivo contribuír á difusión e á promoción da música e do folclore local en Boqueixón durante o ano 2025. Unha iniciativa para a que o Concello destina 4.500 euros. Os grupos e entidades musicais de Boqueixón poderán solicitar axudas para financiar actuacións de música e/ou baile […]