Rosalía Bello Alborés gaña miiiiiiiil eeeeeeurooos no «orixinal» sorteo do Nadal de Noia
Rosalía Bello Alborés foi a gran protagonista dun sorteo único celebrado en Noia, unha iniciativa da Concellaría de Cultura, Comercio e Turismo, que coordina Pepe Pérez, quen quixo dar unha segunda oportunidade aos décimos de lotería non premiados no Nadal. O número 16.144 resultou ser o Gordo desta iniciativa, levándose un premio de 1.000 euros en vales de compra para gastar no comercio local. A peculiar celebración tivo lugar na Rúa do Curro, onde os nenos Adrian, Laura e Lara, […]