AD

nadal

85 Resultados / Página 3 de 10

Fondo
AD

Actualidad

Radio Líder emite este sábado un programa especial desde Padrón

  Este sábado 21 de decembro, a partir das 09:00 horas, Radio Líder Santiago emitirá un programa especial de Nadal desde o Concello de Padrón. Poderase escoitar na frecuencia 97.7 FM e tamén a través da web radiolidersantiago.com. Este espazo de tres horas de duración contará coa participación de representantes destacados da cultura, o comercio, a política e outros sectores clave do día a día do municipio padronés. O obxectivo é celebrar estas festas destacando a riqueza e a vitalidade […]

today20 diciembre, 2024

Actualidad

O compostelán Fran Allo presenta «Noite de Nadal», a súa nova panxoliña para estas festas

  O artista Fran Allo, natural de Santiago de Compostela, sorprende con "Noite de Nadal", o seu novo sinxelo, unha panxoliña especialmente creada para acompañar estas datas tan especiais. A canción, dispoñible xa en YouTube, combina melodías tradicionais con unha interpretación emotiva que busca conectar co espírito do Nadal. Os seus inicios remóntanse á extinta Radio Obradoiro, onde, con só 12 anos, descubriu a súa paixón pola comunicación e a música participando en talleres de radio. Posteriormente, forxouse como artista […]

today19 diciembre, 2024

Comarca

Arredor de 450 persoas participan na visita do Apalpador en Ames

Arredor de 450 persoas reuníronse o pasado venres pola tarde no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns para recibir o Apalpador, que visitou Ames xunto ao Pandigueiro e a Banda da Montaña. Estiveron acompañados da música do Ce Orquestra Pantasma. A figura tradicional do Nadal galego, interpretada por Anxo Moure, agasallou á cativada con contos, cantos e cunha amizade de por vida. As nenas e nenos que visitaron ao Apalpador levaron consigo unhas pequenas árbores traídas da Serra do […]

today17 diciembre, 2024

Arte y Cultura

Seis grupos locais protagonizaron o concerto de Nadal de Ames

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado domingo, 15 de decembro, o tradicional concerto de Nadal no que actuaron diferentes grupos de baile e música tradicional do noso concello O evento, enmarcado dentro da programación de Nadal en Ames, estivo protagonizado pola actuación de Os Castros, Pandereteiras da Costaneira, Os Retranqueiros, Airiños do Paseo do Colón, As Maianas e a Requinta da Maía (A. C. Follas Novas) Ames, 16 de decembro de 2024.- O auditorio da […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

Ames organiza unha nova iniciativa para este Nadal, a Gladiator Race Kids

A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, destaca que “a realización da primeira Gladiator Kids é unha nova iniciativa para este Nadal, que está dirixidas a nenos e nenas e as súas familias” Trátase da primeira edición da Gladiator Race Kids, que se vai a realizar na área deportiva do Milladoiro a partir das 16.30 horas. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Os menores poderán ir acompañados dun adulto Haberá […]

today16 diciembre, 2024

Actualidad

Circo de Pinocho: Chega a Compostela o único circo en carpa 100 % galego

  O Circo de Pinocho instalarase en Santiago de Compostela do 20 de decembro ao 4 de xaneiro, presentando un espectáculo pensado para todo tipo de públicos, desde os máis pequenos ata os maiores. “Non queremos que o público pense que o circo é só para nenos. O obxectivo é que calquera persoa, independentemente da súa idade, disfrute do espectáculo”, destacou Xandre, director e productor do circo, en declaracións a Radio Líder Santiago. Este circo, que combina a tradición circense […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

O alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa pon en marcha unha recollida solidaria

A campaña de recollida de alimentos non perecedoiros en Arzúa comezará este xoves 12 de decembro e rematará o martes 17 de decembro. O alumnado dos ciclos medio e superior da familia de comercio e márketing do centro de formación profesional EFA Piñeiral poñen en marcha esta semana unha recollida de alimentos non perecedoiros que serán destinados íntegramente a Cáritas Arzúa. A recollida da campaña “Compartindo o Nadal” terá lugar nos centros educativos IES Arzúa, EFA Piñeiral e nas propias […]

today11 diciembre, 2024

Actualidad

A Escola Municipal de Música de Santiago celebra este venres o seu Festival de Nadal

Un ano máis a Escola Municipal de Música celebrará o seu tradicional Festival de Nada no que participarán as agrupacións e formacións musicais máis destacadas do centro: os coros, a Bandiña, a Banda, o Combo de Música Moderna, a Agrupación de Música Tradicional, a Orquestriña, a Orquestra e o Big Band. Cada un destes grupos ofrecerá unha selección de pezas que abranguen diversos xéneros e estilos musicais, que van desde a música clásica ata a moderna ou a tradicional, pasando […]

today10 diciembre, 2024

Comarca

Esta é a programación cultural de Arzúa para este Nadal

Arzúa, 10 de decembro de 2024.- O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa xa ten preparada a programación de Nadal 2024-2025 con diferentes propostas como concertos, teatro, maxia, actividades infantís e exposicións. As actividades comezarán este venres, 13 de decembro, coa actuación musical de Colección Romántica na Capela da Madanela ás 20:30 h. Trátase dun dúo formado por David Taboada ao piano e a voz de Sergio Alba que farán unha coidada selección de temas, pensada para crear unha […]

today10 diciembre, 2024

AD