Da Copa do Sar á Copa do Rei: Falamos con Adrián Vázquez, adestrador da SD Negreira
A SD Negreira enfróntase á Real Sociedad na Copa do Rei nun partido histórico para o club, para o pobo e para todo o fútbol galego Redacción, 16 de outubro de 2025.- O fútbol ten a capacidade única de converter soños en realidade. E en Negreira, un pequeno municipio do interior da provincia da Coruña, están a piques de vivir un deses momentos que marcan época. O vindeiro 28 de outubro, ás 21:00 horas, o modesto SD Negreira, equipo da […]