Falece un mergullador que rescataron da auga no Grove
Recolleuno unha embarcación despois de que un garda rural dera a voz de alarma a través dunha chamada ao 112 Galicia. Unha comunicación que se produciu preto deste mediodía, xunto coa alerta doutro particular. Coincidían en que sacaran un mergullador da auga e que o estaban metendo nunha embarcación con rumbo ao Porto do Corgo, no Grove. Malia aos esforzos do equipo médico e dos membros do servizo municipal de Protección Civil do Grove, nada puideron facer por salvar a […]