Teo presenta un orzamento de 22,15M€ para 2026, 3,6 millóns máis ca no exercicio anterior
Teo (A Coruña), 26 de novembro de 2025.– O Pleno do Concello de Teo someterá hoxe a debate o proxecto de orzamentos municipais para 2026, que acadan os 22,15 millóns de euros, o que supón un incremento de 3,6 millóns respecto ao ano anterior. As novas contas manteñen o enfoque na mellora das infraestruturas e na atención ás necesidades da veciñanza. Infraestruturas e obras municipais O documento económico contempla 2,3 millóns de euros para o arranxo da rede viaria e […]