AD

padron

262 Resultados / Página 16 de 30

Fondo
AD

Comarca

Padrón homenaxea ás mulleres da vila con ‘Rumorosas 2025’

A iniciativa, promovida xunto co CIM Terras de Iria, recoñece a traxectoria de oito mulleres que marcaron a historia local Nesta edición renderase homenaxe a María José Castro, Beatriz Vázquez Lorenzo, Elena Villaverde Sóñora, Isabel Oliveira, Martina López, Miriam Cortizo, Noa Vázquez e ao CIM Terras de Iria Padrón. 26-2-2025.- O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller co lanzamento de Rumorosas 2025, unha iniciativa que […]

today26 febrero, 2025

Comarca

VIDEO | Sete concellos piden ampliar a zona sen peaxes da AP-9 entre Santiago-Padrón

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “isto xorde dunha proposta feita polo Concello de Ames e á que se foron unindo os Concellos de Padrón, Dodro e mailos Concellos do Barbanza. O que pedimos é fundamentalmente dúas cousas; a primeira é que se nos teña en conta aos Concellos á hora de falar da liberalización ou gratuidade da AP-9, e por outro lado, pedimos que esa liberalización se faga dunha vez se é posible, e se non, que se […]

today25 febrero, 2025

Comarca

Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira insisten na gratuidade da AP-9, de modo especial entre Padrón-Santiago

Os alcaldes asinarán mañá, martes 25 de febreiro, un documento que será remitido con efecto inmediato ao Ministerio de Transportes e Infraestruturas A sinatura producirase ás 13.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e inmediatamente despois, os alcaldes ofrecerán unha rolda de prensa Ames, 24 de febreiro de 2025.- Os Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira asinarán mañá, martes 25 de febreiro, ás 13.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, un documento reclamando […]

today24 febrero, 2025

Actualidad

Padrón celebra con éxito o Día de Rosalía cunha xornada chea de cultura e tradición

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou pola mañá na ofrenda floral en Santiago e leu versos de Rosalía no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres A alborada cos xigantes de Rosalía e Castelao percorreu ao mediodía as rúas da vila Os establecementos padroneses ofreceron o Caldo de Gloria, símbolo de resistencia e dignidade A estatua no paseo do Espolón acolleu a tradicional homenaxe a Rosalía Padrón celebrou este 22 de febreiro unha xornada cargada de emotividade, cultura e reivindicación […]

today22 febrero, 2025

Comarca

A 10K de Padrón reúne mañá sábado a máis de 1300 participantes

  Un total de 614 atletas completarán os 10 quilómetros e 415 farano na categoría escolar Ás catro da tarde tomarán a saída participantes na categorías de pitufos e prebenxamíns, ás 16.50 horas comeza a 5K e ás 17.40 a carreira de dez quilómetros O Concello limita o aparcamento e haberá cortes de circulación que afectarán ao Campo do Souto, á rúa Travesía Feira, accesos, paseo e carril bici da desembocadura do río Sar, rúa Agro do Medio, Praza da […]

today14 febrero, 2025

Comarca

Día de Rosalía en Padrón con actos institucionais, gastronomía e música

Os actos comezarán ás 13:30 horas co desfile dos xigantes de Rosalía e de Castelao cedidos polo Concello de Rianxo Os establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións do Caldo de Gloria A tradicional ofrenda floral diante da estatua de Rosalía de Castro no paseo do Espolón será ás 18:00 horas Padrón, berce da escritora máis universal de Galicia, conmemorará o vindeiro domingo 23 de febreiro o Día de Rosalía cunha completa programación organizada polo Concello de Padrón que se completará coas realizadas […]

today13 febrero, 2025

Comarca

O Entroido de Padrón aumenta a súa dotación e repartirá máis de 6.000 euros en premios

O desfile, que se celebra o sábado 8 de marzo ás 17:00 horas, completará o seu percorrido tradicional A inscrición estará aberta ata o xoves 6 de marzo ás 14:00 horas Na categoría de comparsas/grupos de máis de 20 membros a contía do galardón pasa a ser de 1.200 euros para o primeiro clasificado, 800 euros para o segundo e 600 euros para o terceiro Padrón. 5-2-2025.- O Concello de Padrón organiza unha nova edición do concurso de disfraces, carrozas […]

today5 febrero, 2025

Comarca

Padron conta cunha nova escritora: O primeiro libro de Miryam Vilar pódese ler na biblioteca municipal

  O alcalde, Anxo Arca, recibiu a escritora e perruqueira padronesa e animouna a continuar publicando “É un orgullo para min poder ver a miña obra na biblioteca do meu pobo”, asegura a autora Publicada por Avant Editorial, a obra aborda a historia de amor dunha viúva e dun famoso artista musical Padrón. 29-1-2025.- O alcalde Anxo Arca agradeceulle á escritora e perruqueira padronesa Miryam Vidal que lle regalase tres exemplares do seu primeiro libro á biblioteca municipal para compartir […]

today29 enero, 2025

Comarca

O alcalde de Padrón agradécelle ao cadro de persoal a súa implicación durante os días de temporal

Padrón. 29-1-2025. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, tivo hoxe palabras de agradecemento para as traballadoras e traballadores municipais que durante estes días estiveron traballando arreo para minimizar os efectos do temporal, para garantir a seguridade e atender ás emerxencias que se produciron.   Anxo Arca fixo extensivo este recoñecemento ao cadro de persoal das empresas privadas que se encargan do mantemento de diferentes servizos municipais.  Nunha reunión celebrada este 29 de xaneiro no salón de Plenos, Anxo Arca conversou cunha representación […]

today29 enero, 2025

AD