AD

padron

212 Resultados / Página 2 de 24

Fondo
AD

Actualidad

Padrón obtén o título de ‘Pueblo Mágico de Galicia’

• O municipio reuniu o 49,2 por cento das votacións rexistradas en Galicia • A localidade consolida o seu lugar na rede estatal de Pueblos Mágicos • O recoñecemento distingue aos concellos que destacan polo seu patrimonio, cultura e compromiso co desenvolvemento do territorio 17-11-2025.- Padrón foi elixido Pueblo Mágico de  Galicia, un recoñecemento que consolida ao municipio como un dos destinos culturais e patrimoniais máis destacados da comunidade. A votación, aberta entre o 3 e o 10 de novembro, […]

today17 noviembre, 2025

Comarca

Padrón presenta o programa do 25N baixo o lema ‘Corta cos roles que matan, corta coa violencia’

• As actividades desenvolveranse do 14 ao 28 de novembro con propostas culturais, educativas e de sensibilización contra a violencia machista • O V Certame de Debuxos, a representación teatral ‘Golpes’ e a actividade ‘Latexos de Son Violeta’ son algunhas das propostas Padrón. 14-11-2025.- O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, pon en marcha un programa de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra […]

today14 noviembre, 2025

Comarca

Padrón contará por primeira vez cunha pista de xeo este Nadal

O sábado 29 de novembro comezan as festas co acendido das luces e animación nas rúas Ofrécense propostas culturais, deportivas e de lecer pensadas para o público de todas as idades O Concello de Padrón busca un Nadal participativo que impulse a cultura e dinamice a vida social do municipio Padrón. 11-11-2025.- O Concello de Padrón prepara un Nadal 2025 con máis propostas que nunca. Coa implicación das concellerías de Cultura, a de Turismo e Festexos e a de Deportes, […]

today12 noviembre, 2025

Comarca

Padrón amplía o Concilia Nadal, que comezará antes e contará con máis prazas

• O programa, dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, desenvolverase no CEIP Flavia entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro • As inscricións poderán formalizarse do 13 ao 20 de novembro Padrón.11-11-2025.- O programa Concilia Nadal regresa con novidades: nesta edición comezará un día antes e aumenta o número de prazas, pasando de 40 a 45. A iniciativa, organizada polo Concello de Padrón a través da Concellería de Servizos Sociais, ten como obxectivo […]

today11 noviembre, 2025

Comarca

Padrón recoñece o talento e o esforzo da promesa do fútbol Catalina Pereira

O alcalde Anxo Arca, acompañado das concelleiras Chus Campos e Mariló Saco, recibiu na Casa do Concello á futbolista, veciña de Carcacía de 14 anos e campioa galega de fútbol en 2024 Padrón. 7-11-2025.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado das concelleiras Chus Campos e Mariló Saco, recibiu este xoves 6 de novembro na Casa do Concello a Catalina Pereira Cortizo, veciña de Carcacía de 14 anos e campioa galega de fútbol en 2024. A deportista estivo acompañada polos […]

today7 noviembre, 2025

Comarca

Padrón opta ao galardón de Pobo Máxico de España 2026

Esta distinción recoñece aos concellos comprometidos co patrimonio, a cultura e o desenvolvemento do territorio O proceso de votación permanece aberto ata o 10 de novembro ás 23:59 Padrón. 6-11-2025.- Padrón aspira por primeira vez a converterse en Pobo Máxico de España 2026, unha distinción que premia aos concellos que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento rural, a conservación do patrimonio, a promoción da cultura local e a valorización dos seus recursos naturais. O municipio comparte candidatura con A Pobra […]

today6 noviembre, 2025

Comarca

Padrón executa dous novos parques infantís en Estramundi e na rúa Vila de Rianxo

• Con estas actuacións o Concello suma xa cinco espazos de xogo renovados durante o goberno de Anxo Arca • As novas áreas levarán os nomes de dúas pioneiras galegas da ciencia, Inmaculada Paz-Andrade e Olimpia Valencia, en recoñecemento ao seu legado profesional e humano Padrón. 4-11-2025.- O Concello de Padrón vén de iniciar as obras de construción de dous novos espazos de lecer infantil, un situado no campo da Devesa, en Estramundi, e outro na rúa Vila de Rianxo. […]

today4 noviembre, 2025

Comarca

Padrón impulsa un novo modelo de xestión de residuos

O proxecto combina inversións técnicas e accións de concienciación para cumprir coa normativa europea Só o 20% dos máis de 3.500 toneladas anuais de residuos se separa correctamente, o que evidencia a necesidade de mellora O novo modelo pretende reducir custes e avanzar cara a unha xestión máis sostible Padrón. 31-10-2025.- O Concello de Padrón dá un paso máis na mellora do servizo de recollida e tratamento de residuos coa posta en marcha de novas actuacións financiadas mediante unha subvención […]

today31 octubre, 2025

Actualidad

Anxo Arca asegura a continuidade de FOCO tras o éxito en Padrón da I Mostra de Cinema Galego

• O alcalde entregou o I Foco de Honra a Mabel Rivera e destacou a boa afluencia de público ás tres proxeccións da fin de semana • A vida de Castelao antes de ser unha figura pública, un repaso á vida dunha muller fascinante como Luz Fandiño ou a mirada crítica á implantación de Altri en Galicia centraron esta primeira edición • Os espectadores puideron conversar co guionista Pepe Coira, coa produtora Nati Juncal e co director Enrique Banet Padrón. […]

today20 octubre, 2025

AD