AD

padron

236 Resultados / Página 8 de 27

Fondo
AD

Actualidad

“O pemento de Herbón está en perigo”, alerta Ángel Rosales na previa da súa festa máis emblemática

Declarada de interese turístico, a festa celebrarase o 2 de agosto con pasarrúas, verbena, pregón e máis de 3.000 racións de pementos. A comisión organizadora alerta: “Se non se coida o que é noso, o pemento de Herbón pode desaparecer” O sábado 2 de agosto, a parroquia de Herbón, no concello de Padrón, acollerá unha das celebracións gastronómicas máis emblemáticas de Galicia: a Festa do Pemento de Herbón, que cumpre este ano a súa 45ª edición. Declarada festa de interese […]

today22 julio, 2025

Comarca

Chus Campos: «Non son fan da carreira de burros, pero é legal é non está financiada polo Concello»

O Santiaguiño do Monte, romaría máis emblemática de Padrón, combina tradición, música, actividades infantís e mesmo a recuperación da carreira de burros, cunha programación que promete converter a vila no epicentro festivo do verán galego. A vila de Padrón xa está en modo festa. Desde o 17 de xullo e ata o sábado 26, celébrase unha das súas citas máis esperadas: o Santiaguiño do Monte, unha romaría que mantén o seu carácter tradicional —coa subida ao monte, a misa e […]

today19 julio, 2025 2

Comarca

O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, visita Padrón

O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, visitou onte a Casa de Rosalía en Padrón, onde anunciou que o seu Ministerio financiará a redacción do proxecto de restauración do edificio Murguía. Este paso inicial permitirá avanzar na recuperación deste emblemático espazo, clave para a actividade da Fundación Rosalía de Castro. Durante o acto, destacouse o compromiso do Goberno de España e da Fundación coa preservación e difusión do legado da poeta. O presidente da Fundación, Anxo Angueira, e o Ministro Urtasun […]

today18 julio, 2025

Comarca

Padrón cederá a titularidade do centro de saúde á Xunta para que asuma as reformas de 1,2M€

Anxo Arca acusa á Consellería de Sanidade de "discriminar" a Padrón e de querer que os veciños "pagen dúas veces" por un servizo público competencia autonómica O Concello de Padrón anunciou hoxe que someterá a pleno a proposta de traspaso da titularidade do centro de saúde á Xunta de Galicia, co obxectivo de que a Consellería de Sanidade asuma a totalidade dos custos de reforma, valorados en 1.185.000 euros. A decisión chega como resposta á carta do conselleiro Antonio Gómez Caamaño, na que a Xunta alegaba […]

today10 julio, 2025

Comarca

Padrón encherase de música e espectáculos entre o 17 e o 26 de xullo para festexar o Santiaguiño

• O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron hoxe o cartel • O programa conta con actuacións de música, maxia ou teatro para todos os públicos • Un dos pratos fortes será o Festival Ultreia a fin de semana do 18 e do 19, mentres que a cativada contará con dúas festas de seu • A romaría popular do 25 e a chegada da Inchadiña Branca Vela o 26 poñeranlle o broche á […]

today10 julio, 2025

Comarca

Os personaxes do Bosque Viviente animaron a Feira Medieval de Padrón e o mercadillo dominical

Un pasarrúas musical puxo o colofón a décimo oitava edición dunha feira que devolveu Padrón ao medievo Pequenos e maiores animáronse a posar diante do photocal coas personaxes do mercado medieval de Padrón. Os personaxes do Bosque Viviente animaron a mañá deste domingo 6 de xullo a Feira Medieval de Padrón e o mercadillo dominical. Acompañados pola música de Turdión percorreron os rúas do casco histórico ante a sorpresa do público presente. Numerosas persoas percorreron durante todo o día a […]

today7 julio, 2025

Comarca

Macías o Namorado une Padrón e Arjonilla: o acto de irmandamento en imaxes

  Anxo Arca: “Este é un acto de compromiso cultural e reafirma o noso legado histórico e literario” O alcalde andaluz, Luis Miguel Carmona, asinaou no Libro de Honra de Padrón animando “a seguir cultivando a amizada sincera, a cultura e o respecto mutuo” Fíxose unha ofrenda floral no Xardín Botánico diante da estatua de Macías e un intercambio de libros na biblioteca municipal Os dous alcaldes inauguran mañá a Feira Medieval e asistirán ao concerto de Xoán Curiel, que […]

today4 julio, 2025

Actualidad

De Ninghures, Carlos Blanco e Gloria Pavía actuarán o domingo 13 de xullo na Casa-Museo de Rosalía

A deputada provincial Soledad Agra asistiu esta mañá á presentación desta cita que tamén contará coa participación dos portugueses Canto d'Aqui e Paco Nogueiras e as escritoras Berta Dávila e Pilar G. Negro, entre outras A Fundación Rosalía tamén celebra o martes 15 de xullo o cabodano do pasamento da autora no que actuará Tres Pesos A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha a sétima edición do festival 'Abride a Fiestra', que terá lugar o vindeiro domingo 13 de […]

today4 julio, 2025

Actualidad

A feira medieval de Padrón alcanza a maioría de idade con máis de 80 expositores

A XVIII Feira Medieval medra en actividades, implicación cidadá e proxección cultural coa sinatura dun irmandamento co municipio andaluz unido polo trovador Macías o Namorado. Padrón prepárase para unha das edicións máis especiais da súa Feira Medieval, que do 4 ao 6 de xullo encherá as rúas de maxia, música, teatro itinerante, obradoiros e espectáculos para todas as idades. Esta XVIII edición, “na que a feira acada a maioría de idade”, como destacou Chus Campos, concelleira de Turismo, Festas e […]

today3 julio, 2025

AD