Arzúa finaliza a remodelación do Parque da Feira, que pasa a chamarse Parque Ana Kiro
A intervención, cofinanciada pola Deputación da Coruña, revitaliza un espazo estratéxico no corazón da vila e rende homenaxe á icónica cantante galega Arzúa, 9 de xullo de 2025.- A concellería de Acción Urbana do Concello de Arzúa vén de rematar as obras de renovación integral do emblemático Parque da Feira, situado no corazón da vila, xusto ao carón do recinto onde se celebra a tradicional feira. Un espazo de encontro clave para a veciñanza, peregrinos e turistas que, a partir […]