O alcalde de Boqueixón anuncia unha forte inversión en infraestruturas municipais
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, participou este mércores nunha entrevista en Radio Líder Santiago onde avanzou parte da axenda cultural e de investimentos do Concello, con especial protagonismo para o Pico de Maio, a festa tradicional que se celebra no Pico Sacro, "a montaña máis simbólica de Galicia", segundo palabras do propio rexedor. "Xa o dicía Castelao no seu último discurso en Bos Aires: o Pico Sacro é o altar de Galicia", lembrou Rodeiro, reivindicando o valor cultural e […]