A lei avala o proxecto da planta en Cacheiras mentres o Concello propón ubicala no futuro polígono industrial
O Concello de Teo celebrou onte un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a instalación dun centro xestor de valorización de residuos non perigosos na parroquia de Cacheiras. A sesión estivo marcada pola explicación do goberno local, a intervención da veciñanza e o debate sobre o encaixe legal do proxecto. Durante o pleno, deuse voz a unha representante da plataforma veciñal contraria á iniciativa, aínda non constituída formalmente, que trasladou a preocupación existente entre residentes da zona […]