A Plataforma STOP Planta de Residuos mobilízase ante o pleno extraordinario de Teo
A Plataforma Veciñal STOP Planta de Residuos – Cacheiras - Aldeas Limpas! anunciou a súa participación no pleno extraordinario que se celebrará mañá no Concello de Teo, no que se abordará como único punto da orde do día a posible instalación dun centro xestor de valorización de residuos non perigosos na parroquia de Cacheiras. Durante a sesión plenaria, a presidenta da Plataforma, Silvia Rama, tomará a palabra para trasladar a preocupación existente entre a veciñanza pola localización prevista desta infraestrutura. […]