O PSdG endurece as críticas ao BNG e CA: «Santiago está paralizada e sen rumbo»
Gumersindo Guinarte fixo un balance crítico da xestión do bipartito, advertindo da falta de planificación, liderado e capacidade de anticipación nun momento clave do mandato. Os socialistas sinalan que a limpeza, o mantemento das rúas, a falta de efectivos en Policía e Bombeiros e o peche dos Centros Socioculturais son exemplos evidentes dunha xestión que non está a garantir os servizos básicos á cidadanía. O voceiro socialista denuncia a ausencia de avances reais en vivenda e mobilidade, con promesas como […]