Aitor Bouza critica un “inicio de curso caótico” e responsabiliza ao conselleiro de Educación
Aitor Bouza denuncia que “o que temos son problemas sistemáticos” no ensino público con “deficiencias estruturais, falta de profesorado, aulas saturadas, transporte desfeito, familias afogadas e un goberno que quere censurar o pensamento crítico” Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2025. O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Aitor Bouza, criticou hoxe que o PP faga unha “política educativa a porta pechada”, logo de 16 anos de goberno sendo “incapaces de resolver” os problemas “sistemáticos e reiterados” que teñen […]