O PP acusa ao goberno local de ter «completamente abandonado» o barrio do Castiñeiriño
Rubio advertiu que esta área compostelá, a pesar de ser unha das zonas con maior potencial de crecemento e vida da cidade, “leva dous anos completamente esquecida polo goberno, quen nin sequera foi quen de acometer as melloras máis básicas que a veciñanza leva reclamando dende hai tempo, deixando este espazo nun estado indigno e intolerable”. “A realidade do Castiñeiriño non é unha excepción: é unha mostra clara de como este goberno prioriza a propaganda por riba das necesidades reais […]