AD

pp

188 Resultados / Página 1 de 21

Fondo
AD

Actualidad

BNG-CA e PP chocan polos Orzamentos; o PSOE agarda pola “letra pequena”

  No espazo “Hai Debate” de Radio Líder Santiago, os catro grupos con representación no Pazo de Raxoi confrontaron as súas posicións arredor dos Orzamentos 2026, presentados recentemente polo executivo de Goretti Sanmartín. No debate participaron Marta Abal (PSdG-PSOE), Nerea Barcia (PP), Manuel César (BNG) e María Rozas (Compostela Aberta), nun intercambio marcado pola defensa do carácter social das contas por parte do Goberno e polas críticas da oposición en materia de investimento, execución e fondos europeos. Un orzamento “histórico” […]

today23 febrero, 2026

Actualidad

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, denunciou hoxe a “hipocrisía” do goberno municipal de BNG e Compostela Aberta pola súa falta de resposta ás peticións de axuda do Banco de Alimentos de Santiago, unha entidade que presta apoio a máis de 1.000 familias da cidade a través de distintas organizacións sociais. “Visitamos o Banco de Alimentos de Santiago para denunciar unha hipocrisía: a do goberno do BNG, a de Compostela Aberta e a da alcaldesa, Goretti Sanmartín, que […]

today3 febrero, 2026

Actualidad

Verea, tras a crise de seguridade en Santiago: «BNG e CA non saben dirixir nin unha comunidade de veciños»

• “Preguntámonos -dixo o popular- que máis ten que pasar?, non lles parece suficiente ter un parque de bombeiros practicamente sen actividade e cun concelleiro responsable que é incapaz de atopar unha solución ante unha situación extremadamente grave?”. • “Repetimos: que máis ten que pasar?, cunha alcaldesa que é unha neglixente e cun goberno de BNG e CA que non está capacitado nin para dirixir unha comunidade de veciños?, son un auténtico perigo público e o mellor que poden facer, […]

today28 octubre, 2025

Actualidad

Santiago conta hoxe cun policía local e tres bombeiros: «Sanmartín perdeu o pulso da xestión da cidade”

• Olaya Otero subliñou que “o responsable desta situación é o mesmo concelleiro responsable, ou irresponsable, da falta de contratos dos centros socioculturais, do transporte urbano ou o da Praza de Abastos, por iso, insistimos: ata cando seguirá a alcaldesa respaldando a neglixente xestión de Xan Duro?”. • “Non hai un departamento deste goberno de BNG e CA que funcione minimamente como Santiago necesita, é claro que Goretti Sanmartín perdeu o pulso da xestión da cidade”, agregou De la Fuente. […]

today27 octubre, 2025

Actualidad

A Xunta investirá máis de 60M€ na ampliación do CHUS e no Centro de Protonterapia

Así mesmo, as populares destacaron os investimentos que se executarán para ultimar os traballos e equipamento do centro de saúde de Conxo, con 825.000 euros, que se atopa en proceso de reforma e nas obras de climatización do hospital de Conxo, con arredor de 500.000 €. Para as populares, “é evidente que o goberno galego está a facer un importante esforzo no eido da saúde, porque isto significa investir no futuro da nosa cidade, xa que, deste xeito, Compostela pode […]

today22 octubre, 2025

Actualidad

Verea propón a construción directa de vivenda 100% pública e parar a mercantilización de solo público polo BNG e CA

·        Verea pídelle ao goberno local que “ceda con carácter inmediato as dúas parcelas resultantes co fin de que se poidan construír vivendas 100% públicas e que non inclúan o  beneficio industrial das construtoras privadas” ·        Lembrou tamén as bonificacións do IBI a aqueles propietarios que poñan os seus pisos en alugueiro e dirixir as políticas  á protección do propietario, creando un auténtico Estatuto do Propietario en Aluguer para mobilizar as vivendas baleiras O líder do Partido Popular de Santiago, […]

today6 octubre, 2025

Comarca

O PP de Arzúa alerta do perigo da continuidade do servizo do SAF que o BNG nega

O Partido Popular de Arzúa denuncia publicamente a incapacidade de xestión do tripartito que goberna o concello, que unha vez máis deixa caducar un contrato esencial sen ter preparada a nova licitación, obrigando a improvisar e abrindo a porta a situacións irregulares que xa se sufriron no pasado. Segundo explicou o voceiro popular, Rafael Rivadulla, “estamos ante un novo exemplo de parálise administrativa: o contrato actual do Servizo de Axuda no Fogar remata o 15 de novembro de 2025 e […]

today17 septiembre, 2025

Actualidad

A vivenda, eixo central do proxecto de Borja Verea para a capital galega

O líder do PP compostelán critica a “suma obscena de minorías” que, ao seu xuízo, mantén paralizada a cidade, e presenta a vivenda como o principal eixo do seu proxecto político. “Os non adscritos están a render pleitesía ao BNG e a Compostela Aberta", asegura Verea, pechando así a porta a un posible achegamento para acadar novas maiorías de goberno O inicio do curso político en Compostela O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, abriu o curso político […]

today8 septiembre, 2025

Actualidad

Verea: «O obxectivo para 2027 é acadar a maioría máis grande da historia de Santiago»

O líder popular destacou o traballo desenvolvido cun dato incuestionable: “Máis de 400 propostas defendidas por un equipo eficaz, comprometido e profundamente santiagués”. Os últimos tripartitos de PSOE, BNG e Compostela Aberta “non foron quen de dar resposta aos principais problemas da cidade, como os autobuses, a rotura de tubaxes, a limpeza, o tráfico ou a vivenda”, sinalou Verea. O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, asegurou hoxe en rolda de prensa que o seu obxectivo e o […]

today2 septiembre, 2025

AD