Borja Verea propón que unha praza en Santa Marta leve o nome de Julio Ferreiro
O tamén deputado autonómico destaca que o artista transformou de maneira altruísta espazos degradados da cidade e afirma que "onde outros vían abandono, Julio Ferreiro vía unha oportunidade para crear". O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, propuxo hoxe que o Concello dedique a praza da rúa da Espiñeira á memoria de Julio Ferreiro, como recoñecemento permanente á súa extraordinaria contribución artística e humana á cidade. Verea lembrou que Julio Ferreiro deixou unha fonda pegada en Santiago grazas […]