Duro cara a cara entre PP e BNG: a violencia nas rúas e a vivenda incendian Hai Debate
O espazo semanal que pode escoitarse en Radio Líder Santiago reuniu a representantes de BNG, PP, PSOE e Compostela Aberta nunha tertulia marcada polos incidentes nas protestas contra Vox, as discrepancias sobre a actuación policial e un intenso cruzamento de reproches polas políticas de vivenda. A crecente crispación política que acompaña a precampaña electoral trasladouse aos micrófonos de ‘Hai Debate’, en Radio Líder Santiago, nunha das tertulias máis tensas das últimas semanas. Iago Lestegás (BNG), Olaya Otero (PP), Sindo Guinarte […]