Fran Fernández Dávila recibe en Padrón o XXXV Premio Literario Camilo José Cela
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a directora da Fundación Cela, Covadonga Rodríguez, entregaron o XXXV Premio Literario Camilo José Cela a Fran Fernández Dávila pola súa obra A lingua dos ósos. O galardón está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña co busto do escritor e premio Nobel Camilo José Cela. Durante o acto, Anxo Arca destacou as achegas literarias do autor, escritor e enxeñeiro industrial natural de Nigrán, e puxo en valor a calidade da obra […]