Recepción no Pazo de Raxoi á Premio Nobel de Física Anne L´Huillier
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu este xoves no Salón Vermello do Pazo de Raxoi a recepción institucional á científica francesa Anne L´Huillier, que en 2023 foi galardoada co Premio Nobel de Física. No acto participaron distintos representantes da Corporación Municipal e asistiu tamén o físico e investigador da Universidade de Santiago (USC) Jorge Mira. Anne L´Huillier, que é tamén profesora da Universidade de Lund en Suecia, asinou no Libro de Honra do Concello e expresou a súa satisfacción […]