AD

Actualidad

Recepción no Pazo de Raxoi á Premio Nobel de Física Anne L´Huillier

today1 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu este xoves no Salón Vermello do Pazo de Raxoi a recepción institucional á científica francesa Anne L´Huillier, que en 2023 foi galardoada co Premio Nobel de Física.

No acto participaron distintos representantes da Corporación Municipal e asistiu tamén o físico e investigador da Universidade de Santiago (USC) Jorge Mira.

Anne L´Huillier, que é tamén profesora da Universidade de Lund en Suecia, asinou no Libro de Honra do Concello e expresou a súa satisfacción por visitar Santiago por vez primeira. Goretti Sanmartín trasladoulle o agradecemento da cidade pola súa presenza e fíxolle entrega dun regalo institucional coa obra de Rosalía de Castro.

Conferencia aberta á veciñanza

Este venres 2 Anne L´Huillier pronunciará unha conferencia dentro do programa de divulgación científica Conciencia da USC e do Consorcio de Santiago. Será ás 19.30 horas no Auditorio Abanca e a ela asistirá tamén a alcaldesa e outros representantes municipais.

A conferencia leva por título ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’ e está aberta ao conxunto da veciñanza.

L’Huillier combina na súa carreira un profundo coñecemento da física atómica cunha extraordinaria capacidade para desenvolver técnicas experimentais de gran precisión. O seu traballo impulsou o progreso da óptica non lineal e da ciencia do láser. Ademais, formou varias xeracións de persoas investigadoras e desempeñou un papel destacado no fortalecemento da colaboración científica internacional.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *