A Alameda de Santiago acollerá os días 11 e 12 de xuño a III Semana da Prevención de Incendios
O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, explicou que o obxectivo destas xornadas é “sensibilizar á cidadanía, axudarlle a identificar os riscos que se poden presentar nos nosos lugares cotiáns, como os nosos fogares, lugares de traballo ou colexios; e trasladarlle os coñecementos necesarios para actuar diante dunha emerxencia”. Nese sentido, o edil lembrou que os últimos datos da Fundación Mapfre e a ATPB sinalan que no pasado inverno morreron en España 92 persoas en incendios e […]