AD

Actualidad

A Alameda de Santiago acollerá os días 11 e 12 de xuño a III Semana da Prevención de Incendios

today9 junio, 2026

Fondo
share close
AD

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, explicou que o obxectivo destas xornadas é “sensibilizar á cidadanía, axudarlle a identificar os riscos que se poden presentar nos nosos lugares cotiáns, como os nosos fogares, lugares de traballo ou colexios; e trasladarlle os coñecementos necesarios para actuar diante dunha emerxencia”. Nese sentido, o edil lembrou que os últimos datos da Fundación Mapfre e a ATPB sinalan que no pasado inverno morreron en España 92 persoas en incendios e explosións, 85 deles en incidentes rexistrados en vivendas. O 77% dos falecementos produciuse por inhalación de fume. Ainda que en Santiago non hai que lamentar vítimas mortais nos últimos anos, “é importante non baixar a garda e reforzar a prevención, xa desde a infancia”. Nese sentido, tamén puxo en valor o importante traballo en materia de prevención que realizan os bombeiros de Santiago.

Actividades para escolares e para público en xeral

A III Semana da Prevención de Incendios celebrarase na Alameda os días 11 e 12 de xuño, con actividades abertas ao público en xeral, se ben as mañás estarán máis dedicadas ás visitas de escolares, con diferentes obradoiros pensados específicamente para os nenos e as nenas.

Como en anos anteriores, unha das propostas máis chamativas será a Casiña do Fume, unha instalación que permite ensinarlles sobre todo ás crianzas como deben actuar no caso dun incendio nos seus fogares, como poden orientarse cando todo está cheo de fume, e como deben actuar nunha emerxencia dese tipo. Ademais, haberá obradoiros de manexo de extintores ou de reanimación cardiopulmonar e primeiros auxilios e colaboración co 061; exposición de traxes de intervención e de vehículos, e tamén diferentes demostracións a cargo dos bombeiros.

Ademais dos Bombeiros, na III Semana de Prevención participarán Protección Civil, a Policía Local, o 061 e a Policía Nacional.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *