O PSOE de Oroso tamén anuncia accións legais polos “insultos, inxurias e calumnias» en redes
Os Socialistas de Oroso fixeron público un comunicado no que amosan a súa preocupación polos comentarios xurdidos nas redes sociais, reafirmando o seu compromiso co diálogo e a confrontación de ideas desde o respecto. A organización subliña que seguirá traballando nesta liña, tendo en conta e valorando todos os puntos de vista. Con todo, advirten de que non van tolerar “insultos, inxurias, calumnias nin comentarios ofensivos”. Neste sentido, anuncian que a partir de agora porán en coñecemento da Garda Civil […]