AD

psoe

150 Resultados / Página 3 de 17

Fondo
AD

Actualidad

O grupo municipal socialista alerta da situación “insostible” en Bando e pide un protocolo urxente

A concelleira socialista Marta Abal advertiu de que a situación no refuxio de Bando é insostible tras este segundo ataque, e reclamou ao Goberno de Sanmartín a aprobación inmediata dun protocolo e formación para o persoal. Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Santiago esixe ao Goberno local a aprobación inmediata dun protocolo específico para animais potencialmente perigosos no refuxio de Bando, despois de que se producise un novo ataque que deixou ferido a […]

today4 octubre, 2025

Actualidad

Guinarte: “Non haberá moción de censura nin apoio a un goberno de dereitas en Santiago”

O Grupo Municipal Socialista recordou hoxe que o pasado 17 de setembro solicitou formalmente ao Goberno municipal unha reunión de seguimento para avaliar o nivel de execución dos acordos incluídos nos orzamentos de 2024 e 2025. “Queremos analizar o nivel de execución dos acordos previstos tanto no ano 2024 como no ano 2025, pero tamén queremos ver o nivel de execución das previsións de ingresos que fixo o goberno municipal como paso previo, insistimos, á negociación dos orzamentos do ano […]

today1 octubre, 2025

Actualidad

O Grupo Municipal Socialista alerta do abandono de rúas e espazos públicos en Santiago

A concelleira socialista, Marta Abal, critica a desidia do goberno local de Santiago que deixa rúas e espazos públicos abandonados e invadidos por herbas descontroladas, evidenciando unha grave falla de responsabilidade e planificación por parte do goberno da señora Sanmartín. Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista, a través da concelleira Marta Abal, denunciou hoxe o crecente abandono de rúas e espazos públicos na cidade, onde as herbas medran sen control, invadindo beirarrúas, muros e […]

today29 septiembre, 2025

Actualidad

O PSOE propón mobilizar as máis de 6.000 vivendas baleiras de Santiago a prezos accesibles

A proposición socialista, aprobada polo Pleno, permitiría mobilizar as máis de 6.000 vivendas baleiras de Santiago, e reclama un censo actualizado e a creación dun programa municipal que as poña en alugueiro a prezos accesibles. Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista levou onte ao Pleno municipal unha proposición, para dar resposta á grave situación da vivenda na cidade, marcada polo incremento dos prezos e as dificultades de acceso para a mocidade, estudantes, familias de […]

today26 septiembre, 2025

Actualidad

Os socialistas denuncian que Santiago está “máis sucia ca nunca” e rexeitan subir a taxa do lixo

O grupo municipal socialista anunciou este mércores que votará en contra das ordenanzas do lixo, que se debaterán no Pleno impulsadas polo Goberno da señora Sanmartín, por consideralas “unha chapuza” e denunciar que a cidade está “máis sucia ca nunca”. As e os socialistas advirten que as normas carecen de seguridade xurídica, non atenden as alegacións presentadas e pretenden cobrar máis por un servizo que non se presta en condicións. Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025. O Grupo […]

today24 septiembre, 2025

Actualidad

Guinarte responsabiliza a Goretti Sanmartín do atraso no transporte público e na concesión das licenzas de taxi

Segundo Guinarte, a falta de compromiso do executivo de Sanmartín tradúcese nun transporte deficiente, sen liñas novas, sen servizo nocturno e con conexións insuficientes cos barrios e parroquias. Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista mantivo unha reunión con representantes dos traballadores e traballadoras da empresa Tralusa, concesionaria do transporte urbano en Santiago. Na xuntanza, trasladaron “a súa preocupación polo atraso na licitación do novo contrato de transporte, así como polos atrasos sufridos na percepción […]

today20 septiembre, 2025

Actualidad

Guinarte denuncia que o BNG deixa sen cobrar horas extras e festivos a policías e bombeiros de Santiago

Gumersindo Guinarte atribúe á falta de xestión  do goberno de Sanmartín que policías e bombeiros leven desde outubro sen cobrar as horas extra realizadas, sinalando que sen a boa vontade destes profesionais sería imposible manter uns servizos mínimos á altura dunha cidade como Santiago. Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025. O voceiro do grupo municipal socialista, Gumersindo Guinarte, denunciou hoxe a situación insostible que está a vivir o persoal do Concello de Santiago, especialmente os policías e bombeiros. […]

today17 septiembre, 2025

Destacado

Soan os primeiros nomes para encabezar a lista do PSdG en Santiago no 2027: «Todos serían bos candidatos»

O novo deputado socialista e secretario xeral do PSdeG en Santiago critica a parálise da cidade, reclama máis investimentos da Xunta e avanza que o partido xa prepara un proxecto de futuro para 2027. Aitor Bouza, secretario xeral do PSdeG en Santiago, afronta desde esta semana unha nova etapa como deputado no Parlamento de Galicia. Na súa primeira entrevista tras confirmarse a súa entrada, en Radio Líder Santiago con Álvaro Veiga, amosouse “con moita ilusión e responsabilidade” e subliñou que […]

today11 septiembre, 2025

Actualidad

O PSdeG de Santiago denuncia un novo curso escolar marcado pola falta de profesorado e recursos

As e os socialistas advirten de que o inicio do curso escolar chega de novo con carencias graves, entre elas a falta de profesorado e de recursos, e anuncia unha rolda de encontros con ANPAS para recoller demandas e trasladalas ás institucións. Bouza, Iglesias e Abal reclaman á Xunta unha resposta estrutural e estable que garanta unha educación pública inclusiva e de calidade, especialmente para o alumnado con necesidades educativas especiais. Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025. O […]

today11 septiembre, 2025

AD