AD

radio lider santiago

1185 Resultados / Página 50 de 132

Fondo
AD

Actualidad

A Casa das Máquinas convertese nun novo centro sociocultural

22/06/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, participaron esta mañá no acto de apertura da Casa das Máquinas, na rúa de Galeras, que se converte dende hoxe nun novo espazo dentro da rede de equipamentos socioculturais cos que xa conta Santiago. Asistiron tamén membros da corporación e representantes de diferentes asociacións e colectivos tanto do barrio como do conxunto de Compostela. A apertura da Casa das Máquinas foi tamén, tal e como explicou […]

today22 junio, 2024

Actualidad

As II Xornadas de Emerxencias e Seguridade traen a Teo espectaculares simulacros

Este venres, Lucía Clavo de Uz, alcaldesa de Teo, participou en Radio Líder Santiago para ofrecer todos os detalles da II Xornadas de Emerxencias e Seguridade que terá lugar este sábado, 22 de xuño, no concello de Teo. O evento, organizado polo propio Concello en colaboración coa empresa especializada Fuego y Mar, contará con diversas demostracións e simulacros de desastres e incidencias, evidenciando a capacidade de intervención dos medios locais en coordinación cos autonómicos, estatais e internacionais. A explanada da […]

today21 junio, 2024

Actualidad

A organización do San Xoán de Conxo reclama que o 24 de xuño sexa festivo en Santiago

Este venres, Eva Armental, presidenta da Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo, presentou en Radio Líder Santiago a programación das esperadas Festas de San Xoán deste ano. O evento promete ser unha celebración vibrante das tradicións locais, cunha serie de actividades que inclúen a elaboración dos mecos, xogos tradicionais, sardiñada, e a emblemática cacharela de San Xoán. A programación comezou o pasado xoves 13 coa elaboración dos mecos de San Xoán. As actividades principais terán lugar o domingo 23 de […]

today21 junio, 2024

Actualidad

O PSOE anuncia a abstención para a ordenanza de regulación das VUT

O secretario xeral dos socialistas en Santiago, Aitor Bouza, insiste en que esta ordenanza provocaría unha “dispersión normativa” e defende que a alcaldesa podería resolver esta cuestión con unha instrución Recoñece estar de acordo no fondo “porque é a reiteración do que está no PXOM” pero afea as formas ao executivo local: “faltou transparencia e diálogo” Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024.- O PSOE anunciou este venres a abstención ao borrador de ordenanza para a regulación das Vivendas […]

today21 junio, 2024

Actualidad

Xosé Constenla: «Nas miñas cancións non hai política, hai humanidade»

O cantautor compostelán Xosé Constenla presentou o seu novo traballo discográfico titulado 'Para nunca esquecer' nunha entrevista en Radio Líder Santiago. Este EP, lanzado este ano, consta de cinco cancións que abordan a temática da recuperación da memoria histórica. Constenla subliña que as súas cancións tratan sobre humanidade e non sobre política, aínda que sempre se posicionou en ideoloxías nacionalistas e de esquerda. Recentemente destacou a importancia de falar da guerra civil e do franquismo, especialmente despois de incidentes como […]

today20 junio, 2024

Actualidad

O Concello realiza un acto de homenaxe a equipos e deportistas amesáns

Os recoñecementos grupais foron para o equipo de infantís do Bertamiráns FC, equipo cadete do Milladoiro SD, primeiro e segundo equipo de xuvenís do Bertamiráns FC, e mailo equipo do Club Voleibol Bruxas. Ademais, os recoñecementos individuais foron para Nicolás Collazo, Saúl Berdullas, Marcos Gómez, Iván Gutierrez, Olivia Parga, Pablo Hernández e Atila Antelo, que non puido asistir a dito acto O alcalde destacou “en Ames o deporte é moi variado e iso vémolo nos distintos recoñecementos que entregamos, xa […]

today20 junio, 2024

Actualidad

A Alameda acolle unha exposición sobre as persoas refuxiadas e migrantes

20/06/2024 Esta mañá quedou instalada na Alameda a exposición "Mira con outros ollos", impulsada desde a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas para lembrar ás persoas migrantes e refuxidas falecidas desde 1993. Trátase da mostra que xa estivera no Paseo dos Leóns en 2021, e que fora vítima de actos vandálicos. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, explicou que "recuperando esta exposición queremos lanzar a mensaxe de que o Concello de Santiago non vai calar diante do […]

today20 junio, 2024

Actualidad

Hamburguesa con patacas fritidas para remartar o curso en Ames

As nenas e nenos usuarias da Rede municipal de comedores escolares xantaron hoxe hamburguesa con patacas fritidas, un menú elixido previamente nas elección feitas días atrás O primeiro prato, puré de verduras, foi escollido pola nutricionista municipal. A sobremesa, que tamén a elixiu o alumnado, foi o xeado artesán de vainilla Este foi o décimo oitavo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares Ames, 20 de xuño de 2024.- As nenas e nenos usuarias da Rede […]

today20 junio, 2024

Actualidad

O martes 25 de xuño comeza o horario de verán no transporte urbano de Santiago

20/06/2024 Este ano destacan dúas actualizacións importantes. En primeiro lugar, reforzaranse os servizos das liñas 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos para evitar incidencias. En segundo lugar, os horarios de verán coinciden co inicio das obras da rúa do Pombal. Polo demais, as liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais da época estival. Na páxina web de Tussa poden consultarse os horarios e frecuencias por liña. Nos vindeiros días estará disponible nos autobuses a modificación de horarios no folleto […]

today20 junio, 2024

AD