Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Os planos xa están expostos no local social de Lamas e poderán consultarse a partir do luns 13 de abril Boqueixón, 10 de abril de 2026.- Máis de 200 veciños e veciñas de Boqueixón ateigaron o centro social de Lamas para asistiren a unha reunión informativa sobre o procedemento de investigación da propiedade na parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo. Un paso adiante neste proceso de reestruturación parcelaria que está a reorganizar unha superficie de 1.957 hectáreas, divididas en […]