Rianxo planta cara aos roubos cun dispositivo especial de seguridade
A onda de roubos rexistrada nas últimas semanas en distintos puntos da comarca de Santiago, como Teo, Ames ou Brión, chegou agora á comarca do Barbanza. En concreto, no concello de Rianxo rexistráronse nos últimos días varios pequenos roubos en establecementos comerciais, así como furtos no interior de vehículos. O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, informou de que, ante esta situación, o Concello puxo en marcha un dispositivo especial de vixilancia e seguridade cidadá en colaboración coa Garda Civil, do […]