AD

santiago

1048 Resultados / Página 111 de 117

Fondo
AD

Arte y Cultura

A Escola Municipal de Música celebra o vindeiro luns o seu Festival de Nadal

23/11/2023.- O vindeiro luns 27 de novembro, ás 19:00 horas, a Sala Brage do Auditorio de Galicia acollerá o Festival de Nadal 2023 da Escola Municipal de Música. No concerto, as agrupacións e colectivos da EMM darán a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses. Un ano máis a Escola Municipal de Música realizará o seu tradicional Festival de Nadal. Participarán todas as agrupacións que forman parte da Escola: os Coros infantís, xuvenil e de adultos, a banda de iniciación […]

today23 noviembre, 2023

Actualidad

O Concello abre o prazo de solicitude do uso das hortas de Almáciga e Cotaredo

22/11/2023.- A partir de este xoves, 23 de novembro, e ata o 7 de decembro, todas as persoas interesadas poderán presentar a solicitude de autorización para o uso das hortas municipais dos parques de Almáciga e Cotaredo (Fontiñas). Na súa xuntanza do pasado luns, a Xunta de Goberno local deu luz verde á apertura do prazo de solicitude das autorizacións para o uso hortícola das parcelas municipais dos parques da Almáciga e Cotaredo, tras confirmar a caducidade dos permisos outorgados […]

today22 noviembre, 2023

Deportes

Preto de 300 participantes correrán este domingo o XXII Trofeo Ciclocross Cidade de Santiago

22/11/2023.- Será este domingo 26 de novembro nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete cando preto de 300 ciclistas chegados das catro provincias galegas e de fóra da nosa comunidade, de entre 14 e 69 anos, pedalearán os 2.600 metros dun renovado circuíto do Ciclocross Cidade de Santiago que forma parte da Copa de Galicia. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Abel Gómez, presidente do Club Ciclista Compostelano; Berto del Río, técnico da Federación Galega de Ciclismo, e Alberto Ferreiro, […]

today22 noviembre, 2023

Arte y Cultura

Ana Torrent recibirá este xoves o premio Cineuropa

21/11/2023.- A cerimonia de entrega do galardón terá lugar no Teatro Principal a partir das 19.30 horas. Ao remate do acto, proxectarase o filme Sobre todo de noche, dirixido por Víctor Iriarte e protagonizado pola actriz. A entrada á sesión é de balde previa retirada de convites que xa están dispoñibles en compostelacultura.gal e nos despachos de billetes do Teatro Principal e a Zona C· Punto de información cultural A 37ª edición do Festival Internacional Cineuropa distingue a traxectoria de Ana […]

today21 noviembre, 2023

Destacado

O PP reclama o paso de peóns na rúa das Rodas para a Galiña Azul e o colexio La Salle

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, por petición da ANPA do Colexio La Salle e da Escola Infantil Galiña Azul de San Roque, recolleu unha histórica demanda que segue sen solución por parte do goberno, o paso de peóns na rúa das Rodas. A diario, máis dun cento de cativos empregan de forma natural un paso que está sen sinalización. Este atópase na confluencia entre a rúa Algalia de Abaixo e a Escola Galiña Azul que, á […]

today21 noviembre, 2023

Destacado

Muíños pide retomar el proyecto de Xoán XXII con carril bici y más aparcamientos

O proxecto reducirá a só un carril ascendente e outro descendente ao tráfico e cambiaría as prazas de superficie de aparcamento en liña a batería “Trátase de pacificar o tráfico ao tempo que damos resposta ás necesidades de aparcamento dunha zona de edificios antigos que, na súa maioría, carecen de parking propio” afirma. Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023.- Coincidindo co remate das obras na rúa da Pastoriza, desde o Grupo Socialista instan ao bipartito a retomar o […]

today21 noviembre, 2023

Destacado

O proxecto «Entre Sar e Sarela» dotará de 3,2M€ distintas intervencións medioambientais na cidade

A Xunta de Goberno local deu luz verde á aceptación da subvención de 3.228.069,12 euros para o desenvolvemento do proxecto "Entre Sar e Sarela", unha axuda concedida pola Fundación Biodiversidad como parte do programa europeo NextGeneration EU. Tamén se aprobou a creación dos órganos de gobernanza e participación que permitirán a xestión deste ambicioso proxecto que recolle actuacións en diferentes zonas da cidade como o barrio de Pontepedriña, o Xardín Botánico, a lagoa do Auditorio de Galicia, co obxectivo de […]

today20 noviembre, 2023

Destacado

Clausurado o obradoiro de emprego Innobosque

20/11/2023.- A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu hoxe a entrega dos diplomas acreditativos ás persoas participantes no obradoiro de emprego Innobosque, que se desenvolveu ao longo do último ano. No acto tamén participou o xefe territorial da Conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade, Pedro Pablo Lorenzo Díaz. Un total de 20 persoas maiores de 18 anos participaron no obradoiro de emprego Innobosque, que se desenvolveu ao longo dos últimos 12 meses. Dez […]

today20 noviembre, 2023

Destacado

Convocados os Consellos Municipais de Persoas Maiores e de Cooperación ao Desenvolvemento

20/11/2023.- A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais vén de convocar as primeiras reunións deste mandato de dous dos Consellos Municipais de participación que dependen do departamento, o de Persoas Maiores e o de Cooperación ao Desenvolvemento. O Consello Municipal de Persoas Maiores celebrará mañá a súa primeira reunión deste mandato. Na xuntanza achegarase información sobre a futura Casa dos Maiores, que o Goberno proxecta nas antigas dependencias da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo; a situación o Servizo de […]

today20 noviembre, 2023

AD