AD

Actualidad

O Concello abre o prazo de solicitude do uso das hortas de Almáciga e Cotaredo

today22 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

22/11/2023.- A partir de este xoves, 23 de novembro, e ata o 7 de decembro, todas as persoas interesadas poderán presentar a solicitude de autorización para o uso das hortas municipais dos parques de Almáciga e Cotaredo (Fontiñas).

Na súa xuntanza do pasado luns, a Xunta de Goberno local deu luz verde á apertura do prazo de solicitude das autorizacións para o uso hortícola das parcelas municipais dos parques da Almáciga e Cotaredo, tras confirmar a caducidade dos permisos outorgados en 2008. Nas vindeiras semanas abrirán novas convocatorias de hortas municipais noutros espazos verdes da cidade.

Esta convocatoria está aberta a toda a veciñanza de Santiago aínda que terán preferencia aquelas persoas con domicilio nun radio de 500 m/l dende a horta de referencia e/ou maiores de 65 anos. No caso de que o número de solicitantes supere o de hortas, as concesións adxudicaranse por sorteo. A Comisión encargada de avaliar as solicitudes presentadas, estará presidida polo concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez e formada polo encargado de xefe de Parques e Xardíns e o xefe da sección de Biodiversidade.

Procedemento de solicitude

Desde este xoves, 23 de novembro e ata o día 7 de decembro, as persoas interesadas, deberán presentar o impreso da solicitude debidamente cuberto e a fotocopia do DNI na sede electrónica do Concello de Santiago, no rexistro Xeral do Concello de Santiago ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%