Durmir nun muíño do século XIV ou en cabanas a un paso da Catedral: así nace Luar do Sarela
José Manuel Pose relata como transformou un antigo muíño do século XIV nun refuxio sostible con cabanas, combinando tradición, innovación e unha visión turística diferente en Santiago. O Luar do Sarela non é un hotel ao uso. É o resultado dunha historia persoal, dunha aposta arriscada e dunha relación íntima co territorio. Así o explica o seu xerente, José Manuel Pose, durante unha entrevista na que debulla con detalle o camiño percorrido ata converter un antigo muíño do século XIV […]