Comezan os Seráns de Ames co pregón de Inés Suárez (As Maianas) e cun espectáculo de circo
A iniciativa, que orixinalmente naceu no 2021 como os Seráns de Tapia ofrecendo só espectáculos na praia fluvial de Tapia, foi medrando e trasladándose a outras parroquias do rural, apostando por diversificar as propostas culturais de Ames a diferentes localizacións do concello Blas García destaca que “a intención é ir ampliando a outras parroquias do noso concello e trasladalo ao rural. Este ano incorporamos tres parroquias novas coma Ortoño, Covas e Trasmonte e, ademais, procuramos que coincidiran coas festas parroquiais […]