A tradición dos Atranques resiste en Sergude pese ao temporal
Boqueixón, 16 de febreiro de 2026.- Aínda que a meteoroloxía quixo ser a protagonista da xornada, as gañas de Entroido e de festa da veciñanza impuxéronse a unha chuvia continua e intensa durante toda a xornada. Algo que agradeceron especialmente dende a Comisión de Festas de Lamas (Sergude), con mención especial para as persoas que percorreron a parroquia durante a mañá formando parte dos Correos, Xenerais e Comparsas cos seus cantos de taberna e acompañados polo grupo local “Son de […]