O PP de Arzúa alerta do perigo da continuidade do servizo de Servizo de Axuda no Fogar no municipio
O Partido Popular de Arzúa denuncia publicamente a incapacidade de xestión do tripartito que goberna o concello, que unha vez máis deixa caducar un contrato esencial sen ter preparada a nova licitación, obrigando a improvisar e abrindo a porta a situacións irregulares que xa se sufriron no pasado. Segundo explicou o voceiro popular, Rafael Rivadulla, “estamos ante un novo exemplo de parálise administrativa: o contrato actual do Servizo de Axuda no Fogar remata o 15 de novembro de 2025 e […]