Aparatoso accidente en Sigüeiro con catro coches afectados
Esta mañá produciuse un choque entre dous vehículos na Avenida da Grabanxa, en Sigüeiro (Oroso), á altura da farmacia. A consecuencia do impacto, outros dous coches que se atopaban estacionados tamén resultaron danados e mesmo se rexistraron afeccións na entrada dun local comercial. Segundo informou a Policía Local, non houbo que lamentar feridos, quedando o balance en danos materiais.