Falece Eduardo Otero González, primeiro alcalde democrático de Padrón
O primeiro rexedor da democracia morreu hoxe aos 77 anos de idade “Con el o noso pobo viviu con ilusión a recuperación da democracia e os inicios dunha nova etapa de convivencia entre iguais”, asegura Anxo Arca Padrón. 12-11-2024.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, vén de asinar un decreto declarando un día de loito oficial no municipio polo pasamento de Eduardo Otero González, que se convertera no primeiro alcalde democrático trala ditadura franquista tras gañar as eleccións municipais […]