Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre de 2024
O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames presentou esta mañá as diversas propostas de animación infantil que conforman o programa Apego para o primeiro semestre do 2024. Este ano inclúe música, teatro, arrolos, obradoiros e ata unha viaxe á Ribeira Sacra. A programación comeza o vindeiro xoves 1 de febreiro co espectáculo “Prende no colo”, dirixido a familias con crianzas de 0 a 3 anos, e para o que será necesario inscribirse entre o 24 […]