AD

teo

107 Resultados / Página 1 de 12

Fondo
AD

Comarca

A lei avala o proxecto da planta en Cacheiras mentres o Concello propón ubicala no futuro polígono industrial

O Concello de Teo celebrou onte un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a instalación dun centro xestor de valorización de residuos non perigosos na parroquia de Cacheiras. A sesión estivo marcada pola explicación do goberno local, a intervención da veciñanza e o debate sobre o encaixe legal do proxecto. Durante o pleno, deuse voz a unha representante da plataforma veciñal contraria á iniciativa, aínda non constituída formalmente, que trasladou a preocupación existente entre residentes da zona […]

today10 abril, 2026

Comarca

Pleno extraordinario en Teo para tratar a xestora de residuos da construción en Cacheiras

A alcaldesa dará voz a un representante dos veciños que conforman a Plataforma -aínda que non está formalmente constituída- e informará aos presentes da realidade deste proxecto A autorización deste proxecto é competencia exclusiva da Administración autonómica, onde o Goberno local non pode emitir ningún tipo de informe vinculante nin presentar alegacións á consulta realizada Teo (A Coruña), 9 de abril de 2026.- O Concello de Teo convoca para esta tarde un Pleno extraordinario cuxo único punto do día será […]

today9 abril, 2026

Comarca

A Plataforma contra a planta de residuos en Cacheiras reclama ao Concello unha posición firme

Cacheiras (Teo), 9 de abril de 2026.– A Plataforma STOP Planta de Residuos Cacheiras - Aldeas Limpas compareceu no pleno extraordinario do Concello de Teo para trasladar a súa profunda preocupación polo proxecto de instalación dunha planta de tratamento e valorización de residuos da construción e demolición entre as aldeas de Feros e A Torre. A sesión estivo marcada tamén pola mobilización veciñal que se desenvolveu no exterior do Concello, onde numerosas veciñas e veciños da zona afectada se concentraron […]

today9 abril, 2026

Comarca

A Plataforma STOP Planta de Residuos mobilízase ante o pleno extraordinario de Teo

A Plataforma Veciñal STOP Planta de Residuos – Cacheiras - Aldeas Limpas! anunciou a súa participación no pleno extraordinario que se celebrará mañá no Concello de Teo, no que se abordará como único punto da orde do día a posible instalación dun centro xestor de valorización de residuos non perigosos na parroquia de Cacheiras. Durante a sesión plenaria, a presidenta da Plataforma, Silvia Rama, tomará a palabra para trasladar a preocupación existente entre a veciñanza pola localización prevista desta infraestrutura. […]

today8 abril, 2026

Comarca

Investigan al jefe de la Policía Local de Teo por presunta manipulación de documentos oficiales

El jefe de la Policía Local de Teo está siendo investigado por un juzgado de Santiago de Compostela en el marco de una causa que apunta a posibles delitos de falsedad documental y encubrimiento. Así lo han confirmado fuentes judiciales, que sitúan el caso en la sección de instrucción número 1 de la capital gallega. La investigación se centra en la gestión de una condena relacionada con violencia de género, cuya pena debía cumplirse mediante trabajos en beneficio de la […]

today25 marzo, 2026

Comarca

Teo aclara que a tramitación da planta da Torre non é competencia municipal

Teo, 20 de marzo de 2026.- O Concello de Teo quere deixar claro que non ten nin tivo potestade algunha para autorizar ou non a Xestora de Residuos inertes da Contrución que se ubicará no lugar da Torre, parroquia de Cacheiras. Trátase dunha competencia exclusiva da Administración autonómica onde o Goberno local non pode emitir ningún tipo de informe vinculante. Neste senso, o Concello quere deixar claro que esta empresa conta con autorización ambiental da Administración autonómica, non polo Concello, […]

today20 marzo, 2026 2

Actualidad

O PP de Teo denuncia «actitudes machistas» do BNG no último Pleno

O Partido Popular condena as palabras dun concelleiro nacionalista cara á alcaldesa e acusa ao BNG de incoherencia no discurso feminista Teo (A Coruña), 26 de febreiro de 2026. O último Pleno municipal celebrado no Concello de Teo estivo marcado pola tensión política tras un enfrontamento verbal entre membros do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e do Partido Popular de Teo (PP). Segundo denunciou a presidenta local do PP e alcaldesa, Lucía Calvo, o concelleiro nacionalista Óscar Antón Pérez dirixiuse a […]

today26 febrero, 2026

Comarca

Teo volverá premiar o esforzo e traballo de deportistas e clubs locais na II Gala do Deporte Teense

Nesta cita potenciarase o deporte en xeral e o local en particular, visibilizando disciplinas menos coñecidas pero de igual importancia que acadan grandes éxitos a nivel nacional e internacional Os premiados desta II Gala son o referente no billar teense, Álvaro Lama-Pereira Lage; o equipo sénior feminino do Club Galogrín de baloncesto; o club de aeromodelismo Estela; o veciño Manuel Lueiro pola súa forte vinculación á SD Cacheiras; e o xornalista deportivo Terio Carrera Teo (A Coruña), 26 de xaneiro […]

today26 enero, 2026

Comarca

O Concello de Teo responde ao comunicado da SR Calo: «Hai consignados 200.000 €»

O actual equipo de Goberno é coñecedor da situación do campo desde o momento en que entrou a gobernar, xa que este problema foi herdado do anterior executivo En 2019 foi recepcionada a obra de instalación de céspede artificial e rega no campo de fútbol de Calo, unha actuación que costou un total de 224.939 euros Teo (A Coruña), 12 de xaneiro de 2026.- Ante o comunicado emitido esta fin de semana polos xogadores e xogadoras da S.R. Calo, o […]

today12 enero, 2026

AD