O estadio Vero Boquete acolle este sábado o III Torneo Tuxeleires de Rugby inclusivo
Máis de 120 deportistas participarán nesta competición impulsada pola Escola de Tempo Libre Don Bosco coa colaboración do Concello á que Pilar Lueiro anima a asistir esta fin de semana. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este luns no Pazo de Raxoi o III Torneo Tuxeileires de Rugby inclusivo acompañada polo impulsor do proxecto, Xabier Vidal, o adestrador Ángel Agrasar e a xogadora Susana Barbazán. Pilar Lueiro trasladou o apoio do Concello a esta iniciativa que promove a Escola […]