AD

Deportes

O estadio Vero Boquete acolle este sábado o III Torneo Tuxeleires de Rugby inclusivo

today4 mayo, 2026

Fondo
AD

Máis de 120 deportistas participarán nesta competición impulsada pola Escola de Tempo Libre Don Bosco coa colaboración do Concello á que Pilar Lueiro anima a asistir esta fin de semana.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este luns no Pazo de Raxoi o III Torneo Tuxeileires de Rugby inclusivo acompañada polo impulsor do proxecto, Xabier Vidal, o adestrador Ángel Agrasar e a xogadora Susana Barbazán.

Pilar Lueiro trasladou o apoio do Concello a esta iniciativa que promove a Escola de Tempo Libre Don Bosco e que se celebrará o vindeiro sábado 9 de maio no estadio municipal Vero Boquete.

A concelleira fixo referencia ao lema desta competición, ‘Se non xogamos todxs, pinchamos o balón’, para festexar que “Santiago convértese máis unha vez na capital do deporte, e dobremente, inclusivo”.

“Estamos moi contentas de colaborar con esta iniciativa, que xa os anos pasados foron unha experiencia moi positiva e esta será unha nova ocasión para erguer orgullosas a bandeira da inclusión no ámbito deportivo, un compromiso firme por Santiago e un valor fundamental do deporte”, manifestou a concelleira, que

Participarán nesta terceira edición equipos procedentes da Coruña, Ourense, Asturias e León. En total, haberá máis de 120 deportistas sobre o céspede. Pilar Lueiro animou a veciñanza a acudir a gozar da competición e animar.

Xabier Vidal lembrou que esta competición naceu do voluntariado e remarcou o seu carácter “en prol da inclusión e dos dereitos das persoas”. O impulsor do proxecto destacou tamén a “honra contar con dous equipos de fóra” e animou os participantes a gozar tanto da competición como do “terceiro tempo” de convivencia posterior.

Pantalla para o partido do Obradoiro

Por outra banda, a concelleira de Deportes lembrou que o venres o Concello instalará unha pantalla na Praza Roxa para poder seguir o partido do Monbus Obradoiro contra o Gipuzkoa Basket, no que o equipo de baloncesto compostelán se xoga o ascenso á liga ACB, coas entradas xa agotadas para o Multiúsos Fontes do Sar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *