Un preacordo sobre salarios e xornada leva á suspensión provisional da folga do transporte
A folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña, prevista para comezar este martes día 3, queda suspendida de maneira provisional tras acadarse un preacordo entre a patronal e os sindicatos UGT e CCOO. A central sindical CIG, pola súa banda, xa avanzou que non asinará dito preacordo. Segundo explicaron fontes sindicais, a suspensión das mobilizacións non supón aínda unha desconvocatoria definitiva. O acordo queda pendente da celebración de asembleas entre o persoal traballador, que deberán […]