Skadelos cambia de marcha con ‘Un vidón’: «O festival onde máis ilusión nos faría tocar é Revenidas»
A banda do Carballiño, gañadora de Onda Chicha, abre unha nova etapa musical estreando novo videoclip, preparando a gravación dun EP e reivindicando o galego como parte esencial da súa identidade Skadelos vive un momento de crecemento. A banda do Carballiño vén de presentar Un vidón, o primeiro tema que plasma nas plataformas o son eléctrico que o grupo xa viña mostrando nos seus directos. «É a primeira presentación que temos como banda, en formato banda», explicou Dani, guitarrista da […]