Chegan as Feiras do Abril a Val do Dubra onde artesanía e gastronomía van da man
A programación desta nova edición esténdese do 5 ao 7 de abril con variedade de actividades para todos os públicos O Concello de Val do Dubra acollerá os días 5, 6 e 7 de abril as tradicionais Feiras do Abril, unha cita imprescindible no calendario local que mestura cultura, tradición e ocio para todos os públicos. O evento desenvolverase no aparcadoiro de San Lourenzo de Bembibre e contará cunha completa programación que inclúe mercado de artesanía, exhibicións de gando, degustacións […]