As Feiras de Abril regresan a Val do Dubra con tres días cheos de tradición, cultura e festa
Val do Dubra prepárase para vivir unha nova edición das esperadas Feiras de Abril, que terán lugar os días 4, 5 e 6 de abril no aparcadoiro de San Lourenzo de Bembibre. Trátase dunha das citas máis emblemáticas do calendario local, que cada ano reúne a veciñanza e visitantes arredor da cultura, o rural e o lecer para todas as idades. Durante tres xornadas, o espazo acollerá un completo programa de actividades que inclúe mercado de artesanía, exposición de maquinaria […]