Padrón convida a descubrir a súa historia este verán con visitas guiadas e teatralizadas
• As actividades, con prazas limitadas, permitirán revivir o traslado do Apóstolo, a historia de Iria Flavia e o legado de Rosalía de Castro Padrón. 11-6-2025.- O Concello de Padrón presenta unha nova programación de visitas guiadas e teatralizadas para os meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e literario da vila. A iniciativa está organizada en colaboración coa agrupación teatral Os Quinquilláns e co divulgador histórico Suso Martínez, e está […]