O alcalde de Boqueixón entrega os premios do XI Certame de relato curto Xosé Neira Vilas
Boqueixón, 20 de maio de 2025.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o director do CPI Antonio Orza Couto, Ángel Manciñeiras Núñez, fixeron entrega esta mañá dos premios do XI Certame de relato curto Xosé Neira Vilas. Uns premios organizados polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, co obxectivo de potenciar a lectura e a promover a lingua galega escrita como medio de creación e comunicación. Nun acto […]