Santiago destina 98.000 euros en subvencións ás asociacións veciñais
08/04/2024 A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións veciñais de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros. Poden acollerse a esta convocatoria todas as asociacións veciñais do municipio que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Santiago con anterioridade á publicación no BOP desta convocatoria, teñan os seus datos actualizados e estean […]