AD

xuventude

17 Resultados / Página 1 de 2

Fondo
AD

Actualidad

Concertos, talleres de costura ou cursos de reparación: a mocidade decide en que gasta Raxoi 100.000 €

María Rozas destaca o éxito dos orzamentos participativos e defende ampliar os mecanismos de participación cidadá na cidade A concelleira de Xuventude de Santiago, María Rozas, defendeu o papel activo da mocidade nas políticas públicas da cidade durante unha entrevista na que abordou o funcionamento dos orzamentos participativos de xuventude, unha iniciativa que permite que mozos e mozas de entre 16 e 30 anos decidan directamente o destino dunha parte do orzamento municipal. A responsable municipal destacou que esta ferramenta […]

today12 marzo, 2026

Actualidad

Comeza a fase de votación nos Orzamentos Participativos da Concellaría de Xuventude

Os mozos e mozas de Santiago xa poden elixir desde hoxe o destino de 100.000 euros do presuposto da Concellaría de Xuventude, no marco dos Orzamentos Participativos. A concelleira María Rozas deu conta do inicio da fase de votación das propostas, que se prolongará ata o próximo 16 de marzo a través da web decide.santiagodecompostela.gal. Na fase de votación dos Orzamentos Participativos poden participar os mozos e mozas nacidos entre 1996 e 2010, que estean empadroadas, estuden ou traballen en Compostela. […]

today16 febrero, 2026

Actualidad

O PP de Santiago denuncia “a falta de rumbo na política de xuventude” de BNG e CA

• Borja Rubio reclamou a posta en marcha inmediata dun Plan Municipal de Xuventude participativo, transversal e ambicioso, con accións concretas en emprego, lecer, cultura, vivenda, formación e voluntariado, os nacionalistas falan moito da mocidade, pero non fan nada". • Asegurou que “o goberno local prefire facer un acto conxuntural que sentar as bases dun proxecto de cidade para a mocidade, mentres tanto, os barrios seguen sen programación, sen acompañamento e sen presenza municipal que escoite ou active a xuventude". […]

today24 agosto, 2025

Actualidad

Fin de semana dedicada ao parkour e ao skate en Santiago

María Rozas puxo en valor as potencialidades dos deportes urbanos “para xerar comunidae entre os mozos e mozas, para que reivindiquen a súa identidade e para que se sinta máis protagonista e donan dos espazos públicos da súa cidade”.  Na rolda de prensa tamén participaron Pablo Castiñeiras, de Vella Escola; Alberto Muíño, de Cultura Urbana; e Carlos Gil, de Skate Escola, que participan na organización do evento. Os tres incidiron en que os deportes urbanos son unha alternativa para que […]

today21 mayo, 2025

Actualidad

Atención Santiago: últimos días para votar nos Orzamentos Participativos de Xuventude

O próximo luns, 24 de marzo, remata o prazo para votar nos Orzamentos Participativos na área de Xuventude, nos que os mozos e mozas poden decidir o destino de 100.000 euros do presuposto municipal. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo unha chamada á participación, para elixir entre o máis dun cento de propostas presentadas nesta edición do programa Compostela Decide. Na fase de propostas dos Orzamentos Participativos de Xuventude recolléronse un total […]

today20 marzo, 2025

Actualidad

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área de Mocidade e que ten como obxectivo que o público máis novo conecte coa tradición musical galega. Faráo a través de diferentes obradoiros e concertos, presentados hoxe pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. A organización de actividades relacionadas coa música e a cultura tradicional galega foi unha das dez […]

today21 noviembre, 2024

Comarca

Ames organiza un curso de formación en igualdade para mocidade e familias

Trátase dun curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina Está dirixido a mozos/as, familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre (monitores/as de actividades de tempo libre en centros escolares, coidadores/as, educadores/as, mestres/as, etc) Ames, 18 de novembro de 2024.- O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a […]

today18 noviembre, 2024

Actualidad

Fillas de Cassandra ofrecerá un concerto exclusivo para a mocidade de Santiago

22/10/2024 Fillas de Cassandra ofrecerá un concerto na Sala Capitol o próximo 7 de novembro, con entrada de balde pero restrinxida á mocidade. Trátase dunha iniciativa vinculada aos Orzamentos Participativos da área de Mocidade, da que hoxe deu conta a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. Fíxoo acompañada por Sara Faro, unha das integrantes do dúo, un dos referentes no panorama musical actual en Galicia. No proceso de Orzamentos Participativos, no que os mozos e […]

today22 octubre, 2024

Comarca

Vedra da a coñecer os programas de mobilidade europea á súa mocidade

O Departamento de Xuventude de Vedra organizou unha quedada para a súa xuventude, na que se lles presentaron as moitas posibilidades de viaxar por Europa a través de diferentes opcións como o Intercambio Europeo, o Erasmus +, o CES ou o Discover EU. Foi un encontro que baixo a lenda “Time to Move” “Hora de Moverse” contou con máis de trinta persoas interesadas, das que a ben seguro moitas delas participarán no futuro nalgunha das posibilidades e que tamén serviu […]

today17 octubre, 2024

AD