Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 marzo, 2026
Teo, 20 de marzo de 2026.- O Concello de Teo quere deixar claro que non ten nin tivo potestade algunha para autorizar ou non a Xestora de Residuos inertes da Contrución que se ubicará no lugar da Torre, parroquia de Cacheiras. Trátase dunha competencia exclusiva da Administración autonómica onde o Goberno local non pode emitir ningún tipo de informe vinculante.
Neste senso, o Concello quere deixar claro que esta empresa conta con autorización ambiental da Administración autonómica, non polo Concello, e así se lles trasladou aos veciños nunha xuntanza mantida na Casa Consistorial o pasado 26 de febreiro. Nesa reunión, onde estivo a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o arquitecto municipal, se lles informou do proceso e da situación actual, quedando solventadas todas as dúbidas dos veciños.
De feito, se lles trasladou que esta planta se pretende implantar en solo rústico e é un uso permitido conforme á Lei Galega do Solo, que no seu artigo 35 “usos e actividades en solo rústico”, apartado “m”, estipula que se permitirán as instalacións e infraestruturas públicas ou privadas para a xestión e tratamento de residuos inertes en solo rústico. Conforme á lexislación ambiental, o ente autonómico só lle pediu ao Concello un informe de viabilidade urbanística da parcela, o cal nin tan sequera foi emitido. Polo tanto, con todo, non é necesaria a autorización municipal para a aprobación da tramitación medioambiental de dita actividade, xa que a lei di expresamente que deberá ser favorable en calquera caso.
Nesa xuntanza tamén se lles recordou que toda a tramitación ata a data de hoxe desta planta estivo a exposición pública, tanto na web oficial da Xunta de Galicia como nos medios de comunicación de máxima tirada, podendo exercer o dereito de alegación e de consulta por calquera veciño ou asociación.
Estase a falar dunha empresa que pechará o ciclo de vida útil dos materiais da construción, co obxetivo de reducir as emisións de CO2 e residuos contaminantes. Esa empresa, que leva desenvolvendo actividades industriais nesa mesma parcela desde fai máis de 20 anos, traballará con materiais inertes, tales como pedra, ladrillo, xeso ou ferro, converténdose nunha especie de punto limpo para ese tipo de mateirais. En calquera caso, non haberá nin lodos nin ningún tipo de residuos orgánicos.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)